2015

2015  xa chegou, e con el unha ringleira de novos propósitos que todos temos, de momento intención de cumprir.

2015 pechou etapas, puxo puntos e finais aos malos momentos vividos o ano pasado, pero tamén nos da unha folla en branco para escribir o que vai ser o noso ano, con proxectos,amizades, viaxes, amor, amigos e mil e un momentos máis que teremos que vivir para descubrir.

10888102_441652199318723_1892253089_n

Seguir lendo

O ultimato do Nadal: Guía de supervivencia

Frenéticos son estos días que estamos a vivir. Ceas, comidas, quedadas, compras, agasallos visitas… Ás veces un pouco de planificación e por suposto de relaxación non veñen mal.

Pero por se as dificultades nos seguen a superar, aquí deixo unha pequena guía para sobrevivir a estar festas:

10893627_438727886277821_642778242_n

Seguir lendo

Buscaban unha estrela…

Xa soan as panxoliñas, e os fogares mailas rúas xa están decoradas para recibir a estas datas que se achegan.

Ese momento do ano, no que moitos de nós tornamos un pouco máis cativos. Porque son eles, os cativos os que engloban en si mesmos toda a maxia destas festas. A súa creenza sen reservas en Apalpadores, Reises e Noeis permite que, dun bandazo se olviden os problemas do ano e se volquen as ilusións en cabalgatas, festivais, e si, tamén agasallos.

Agasallos con un sabor distinto, quizáis máxico. Porque aparecen debaixo da árbore ou da chimenea  pola mañá e veñen de moi lonxe.10877518_434288623388414_600992311_n

Ese espírito do Nadal, debera ser do que todos recuperaramos un anaquiño, para ollar estas festas con esa perspectiva de que nada é imposible.

Son boas datas para a solidaridade, tanto inmaterial coma física. Así coma as colectas e doazóns se atopan no seu momento máis exitoso, quizais tamén estén ao alza os sorrisos ou os saúdos a aqueles que máis o precisan.

As mariscadas, as festas, o agardado fin de ano, os reencontros, a ilusión nuns propósito que non vas cumprir e as vacacións fan o resto. Bo Nadal!