Noitevella e o vestido perfecto

Superfluo, innecesario e irracional. Dende logo. Pero non por iso deixamos de devanarnos os seso. Que elixir? :

o abano de opcións é cada vez máis amplo: vestido longo ou curto, mono, falda ou mesmo pantalón. Os gustos máis esixentes deberan de atoparse satisfeitos.

Se lle botamos un ollo aos escaparates, do que non nos cabe a menor dúbida é de que o negro, volve a ser o color estrela e o LBD (Little Black Dress como se coñece no mundillo) o principal candidato para vestirnos de gala.10841662_426951050788838_298686662_n

Pero se queremos sairnos dos tópicos, dende logo podemos. Dende cores de moda coma o burdeos, ao toque festivo dun vestido dorado ou prateado. E non só iso. Os monos chegan cada vez con máis forza: de pedrería, encaixe ou terciopelo, e de todos os tamaños, responden os desexos daquelas que xa se cansaron do clásico vestido.

A falda pode ser outra opción: ata os pes para as noites máis elegantes ou na archicoñecida versión mini, a combinación dunha falda cun crop top ou blusa  parece garantirnos unha maior seguridade de que o noso conxunto sexa único na noite.

Dende logo a decisión corresponde as preferencias de cada unha, pero cabe destacar que Noitevella é unha noite para arriscar.