Día a día

É simplemente o feito de abrir un xornal e ler a sucesión de infortunios o que me debilita.

Non hai día no que as súas páxinas, non me fagan achegarme a mil realidades diferentes que se solapan e se entrecruzan confundindome, sen saber como proceder, como actuar, ou en que axudar.

Son demasiados os estímulos os que estamos sometidos, e polo menos aínda son moitas e de moita xente as ganas de aportar un gran de area, nunha praia que está aínda por facer.

Mais pese a todo, queda a alegría de saberte vivo ao sentir, aínda que sexa deste xeito tan dramático, que desexas actuar. Escribindo, falando,manifestandote,colaborando, imaxinando,propoñendo, traballando… Hai mil e unha maneiras. O importante é non quedarse quieto.

Advertisements

2015

2015  xa chegou, e con el unha ringleira de novos propósitos que todos temos, de momento intención de cumprir.

2015 pechou etapas, puxo puntos e finais aos malos momentos vividos o ano pasado, pero tamén nos da unha folla en branco para escribir o que vai ser o noso ano, con proxectos,amizades, viaxes, amor, amigos e mil e un momentos máis que teremos que vivir para descubrir.

10888102_441652199318723_1892253089_n

Seguir lendo