O ultimato do Nadal: Guía de supervivencia

Frenéticos son estos días que estamos a vivir. Ceas, comidas, quedadas, compras, agasallos visitas… Ás veces un pouco de planificación e por suposto de relaxación non veñen mal.

Pero por se as dificultades nos seguen a superar, aquí deixo unha pequena guía para sobrevivir a estar festas:

10893627_438727886277821_642778242_n

1. Fin de ano

Aínda non tes todo listo para o mércores? Sen pausa pero sen presa hai que comezar a tomar medidas. Que falta aínda? O vestido? Botar un ollo nestas ideas quizais resulte de axuda https://amanalzada.wordpress.com/2014/12/10/noitevella-e-o-vestido-perfecto/

Se o que che preocupa é a cea, o consello é non obsesionarse, deixarse aconsellar e sobre todo comparar produtos para obter a mellor opción para Noitevella. Se prefires non complicarte opta por algunha das ceas cotillón que se ofrecen na meirande parte das cidades e pobos.

2. Regalos de Reis

Que os Magos de Oriente non se volvan tolos semella tarefa complicada. No caso dos cativos a cousas é máis sinxela. Dende videoxogos ata bonecas ou artiluxios mecánicos, non debemos ter reparo en preguntarlles que lle piden ás Súas Maxestades.

Os adultos son máis complexos, pero quizais debamos de deixar de lado o criterio de utilidade (un exprimidor eléctrico NON é un bo regalo aínda que rompera o vello a semana pasada) e apostar por esos caprichos cos que sempre nos imos derreter: xoias, reloxos,bolsos,perfumes, entradas a eventos… O éxito está máis que garantido.

3. Relaxarse

Porque ó fin e ó cabo son vacacións… Que se note que é o momento de recargar pilas. Algunha escapada pola zona pode ser unha alternativa perfecta para evadirnos do estrés destos días.

Rutas, sendeirismo, turismo cultural ou mesmo spas e relaxación son opcións máis que válidas. Elixe a túa e recorda que o obxectivo é recibir o novo ano cun sorriso.

Bo Nadal!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s