Buscaban unha estrela…

Xa soan as panxoliñas, e os fogares mailas rúas xa están decoradas para recibir a estas datas que se achegan.

Ese momento do ano, no que moitos de nós tornamos un pouco máis cativos. Porque son eles, os cativos os que engloban en si mesmos toda a maxia destas festas. A súa creenza sen reservas en Apalpadores, Reises e Noeis permite que, dun bandazo se olviden os problemas do ano e se volquen as ilusións en cabalgatas, festivais, e si, tamén agasallos.

Agasallos con un sabor distinto, quizáis máxico. Porque aparecen debaixo da árbore ou da chimenea  pola mañá e veñen de moi lonxe.10877518_434288623388414_600992311_n

Ese espírito do Nadal, debera ser do que todos recuperaramos un anaquiño, para ollar estas festas con esa perspectiva de que nada é imposible.

Son boas datas para a solidaridade, tanto inmaterial coma física. Así coma as colectas e doazóns se atopan no seu momento máis exitoso, quizais tamén estén ao alza os sorrisos ou os saúdos a aqueles que máis o precisan.

As mariscadas, as festas, o agardado fin de ano, os reencontros, a ilusión nuns propósito que non vas cumprir e as vacacións fan o resto. Bo Nadal!

Deterse no atardecer

Vivimos tan rápidamente, tan apresurados, tan sumamente agobiados con pequenas e grandes cousas, que nos costa atopar ese momento do día no que realmente logremos desconectar.

Son moitos os estímulos e presións ós que estamos sometidos diariamente, mais aprender que descansar non é perder o tempo senón realmente disfrutar del, é unha asignatura pendiente.

Resulta poético, mais realmente na xornada frenética cómpre deixar un oco para contemplar o atardecer, literal ou figuradamente.10866905_428727830611160_1353190370_n

E dende logo se o tomamos ao pé da letra, as vistas poden ser impresionantes… Feliz sábado!

Noitevella e o vestido perfecto

Superfluo, innecesario e irracional. Dende logo. Pero non por iso deixamos de devanarnos os seso. Que elixir? :

o abano de opcións é cada vez máis amplo: vestido longo ou curto, mono, falda ou mesmo pantalón. Os gustos máis esixentes deberan de atoparse satisfeitos.

Se lle botamos un ollo aos escaparates, do que non nos cabe a menor dúbida é de que o negro, volve a ser o color estrela e o LBD (Little Black Dress como se coñece no mundillo) o principal candidato para vestirnos de gala.10841662_426951050788838_298686662_n

Pero se queremos sairnos dos tópicos, dende logo podemos. Dende cores de moda coma o burdeos, ao toque festivo dun vestido dorado ou prateado. E non só iso. Os monos chegan cada vez con máis forza: de pedrería, encaixe ou terciopelo, e de todos os tamaños, responden os desexos daquelas que xa se cansaron do clásico vestido.

A falda pode ser outra opción: ata os pes para as noites máis elegantes ou na archicoñecida versión mini, a combinación dunha falda cun crop top ou blusa  parece garantirnos unha maior seguridade de que o noso conxunto sexa único na noite.

Dende logo a decisión corresponde as preferencias de cada unha, pero cabe destacar que Noitevella é unha noite para arriscar.

A man alzada

Porque  fun e son a mestura da curiosidade infantil coas dúbidas adultas, porque remexo as historias coa fin de atoparlles sentido. Porque son ese cu inquieto, que bulía no asento na procura de respostas, que coidaba me valerían no meu futuro incerto. Eu son a man alzada.

Porque fun e son caos. O caos da mañá, da tarde da noite. O desorden, o remexido, o sinsentido. A falta total e absoluta de previsión, na mellor e na peor das acepcións. Son ese debuxo apresurado. Tan eu mesma, tan a man alzada.